1 mar 2012

P.O.S. así NON...









-O 17 de xaneiro a Deputación comunicou que non era posible incluír no POS complementario o alumeado LED das Casas Baratas. O Pleno debía aprobar un novo proxecto. EU propuxo dende o 1º día o amaño da Pista do Pavillón Municipal coa posibilidade de incorporar a eliminación de barreiras arquitectónicas en función do coste da obra, tendo como referencia os 66.000 € aprobados no Pleno anterior (coste alumeado LED). O debate foi imposible porque o goberno municipal nunca trouxo a memoria da obra.

-Hoxe o Pleno aprobou cos votos a favor de BNG, PP e PSOE un POS Complementario que supón:

1. 36.000 € menos de inversión no POS Complementario 2012.

2. Acometer unhas obras de prioridade moi discutible:

2.1.Contador de San Xoán: as obras propostas polo BNG, introducidas pola vía de urxencia na Comisión do 22 de febreiro e votadas no Pleno do 1 de marzo, sen mediar negociación algunha, representan para nós un despróposito recoñecido no Pleno polo propio Alcalde cando di que o contador de San Xoán (uns 6.600€) se podería executar antes da data en que se ten que executar o POS Complementario, que é a finais de 2012. Tódolos grupos municipais queremos que San Xoán teña auga o antes posible. Entón, ¿ten sentido incorporalo neste Plan? ¿Non tería máis sentido, se non hai orzamentos, propor unha modificación de crédito para adxudicar a obra en canto Fene aprobe o convenio para darnos auga? Recordamos que o contador de San Xoán xa estaba contemplado no orzamento do ano 2011.

2.2 Saneamentos en Lodairo e Celso Emilio Ferreiro: cun coste aproximado de 24.000 €, estoutras dúas obras teñen unha xustificación moi feble: a primeira cerrar un circuito e a segunda solventar un problema que aparece de cando en vez.

Nós preguntamos: se o goberno non quería a obra do Pavillón, ¿non será máis prioritario a auga e o saneamento das Viñas, inexistente a día de hoxe? ¿Ou o saneamento nos Bailóns? Ámbolos dous son núcleos consolidados e non con problemas, senón sen servizo e cunha afectación de veciños/as maior que as propostas aprobadas.

O consenso é negociación e o de hoxe foi un trágala. EU está para negociar, non para tragar.

POS 2010

Pleno 14/0972009

Pleno 23/11/2009

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Segun teño entendido o POS son para obras que vay realizar o Concello dende o un de xaneiro do ano en cuestion do POS, polo que no vexo problema en facelas e que a deputacion as pague despois. Mais ven vexo de novo unha estratexia politica pola vosa parte, se non se vota o que eu quero pois votamos en contra, creo que deberiades pensar que se todos votan a favor e vos en contra igual os equivocados sodes vos. E a miña percepcion polo menos.

EU-IU dijo...

Bos días, non hai nada mellor que ir ós documentos orixinais para ter un coñecemento real do que se está a falar porque ás veces o que un ten entendido pode ter matices, como neste caso.Pero aínda así se fan valoracións sobre supostas estratexías políticas.
Así que podes acceder ó BOP do día 5 de outubro de 2011, número 191, páxina 48 e atoparas a Aprobación das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS)2012.
Unha vez teñas estudado o tema, nos gostaría saber a túa opinión sobre a adxudicación das obras, execución das mesmas e xustificación do gasto en canto ó POS e ó Plan Complementario.

Anónimo dijo...

Só dicirvos que accedendo directamente ao BOP a través do enlace da vosa páxina , a CIRCULAR da Deputación aparece en sentido contrario ao da lectura normal.

Como sei que a vosa intención é informar con argumentación , neste caso documental , comunícovolo ao obxecto de que si depende de vós podades corrixilo a tempo .

Grazas .

Anónimo dijo...

Pois indo ó enlace, queda demostrado que ¡sodes vós os que vedes todo do revés...!

Anónimo dijo...

Recollendo o guante lanzado poe EU, e unha vez lida a documentación do POS 2012, non encontro ningunha incopatibilidade no POS complementario, que impida realizar unha obra e despois previa solicitude cargala o POS Complementario(salvo o de poñer o cartel publicitario da obra co logo da deputacion, cuestion que non deberia ter maior problema), no caso de que acheguen a axuda. Asi que a vosa xustificación para non votar a favor por esa cuestión e inxustificada(non encontro ningun punto que indique o contrario), polo que como dixen e só unha postura politica, non legal. E respecto as outras, creo que xustificades o voto en contra pola pouca influencia en canto a numero de veciños, pero votachedes a favor do POS de non sei que ano(tedesme que perdoar) de invertir mais de 120.000€ para dar servizo de auga e sumidoiro a 5 casas(das cales 2 estan desahabitadas 11 meses do ano) no tramo Lodairo-Seselle, polo que entendo que este argumento non se sosten. Sinto dicilo, pero dende o meu punto de vista non deberiades votar segun vos apeteza, deberiades de seguir un criterio, non xustificarvos con criterios vagos.Mais vendo que o resto dos grupos votou a favor.
No que respecta a adxudicación das obras, execucion das mesmas(ata o 1 de novembro de 2013) e xustificación do gasto non deberia existir ningun problema sempre e cando o Concello faga todo legalmente.
Esta e a miña opinión despois de ler o BOP. No caso de que non esteades de acordo nalgun punto referente o POS(as opinions persoais van a parte) querria que o aclarasedes e xustificasedes co parrafo do POS que indique onde non se poden facer ditas obras antes de que otorgue os cartos a deputacion.

EU-IU dijo...

Ante todo, desculpas pola orientación do pdf. Podíase descargar e rotar, pero xa o subimos aquí arranxado.
Se les o artigo 2.A.4 Plan Complementario podes ler que a este Plan se aplican os remanentes das baixas de adxudicación ou anulación de obras correspondentes ás obras incluidas no POS 2012.
Así temos unha primeira conclusión: hai que adxudicar, executar e xustificar coas certificacións de obras correspondentes ante a Deputación que o POS 2012 está rematado no prazo indicado, incluídas, se fose necesario, as prórrogas concedidas.
Segunda conclusión: as obras do Plan Complementario non se poden executar antes do POS 2012. Se todo vai ben podería ser a finais de 2012. Así, queremos informarte de que a obra de Sta. Lucía correspondente ó POS 2011, non ó complementario, está sen executar a estas alturas.
Se les atentemente o artigo 6 no seu último párrafo, explícase a quén corresponde e cándo a aprobación do Plan.
O POS Complementario aprobado é un só proxecto, xa que, como poideches ler, os proxectos deben ser como mínimo de 30.000 €. Así que a súa adxudicación dentro do Complementario deberá ser no seu conxunto. Ó ser tres proxectos nun, poderíanse adxudicar independentemente, pero nunca dentro do POS Complementario.Creo que queda claro.
En canto á afirmación do sanemento Lodairo-Seselle, imos mirar a documentación para poder dar unha resposta acorde coa verdade, sen precipitacións para non caer na demagoxia nin na falsedade.

EU-IU dijo...

Examinamos a documentación do POS Complementario de 2010, tal como prometéramos. Como pode comprobar na acta do Pleno, o noso grupo municipal solicitou cambiar o Saneamento dun tramo de Lodairo-Seselle por Abastecemento de auga nas parroquias.Axuntamos tamén a explicación da Proposta de EU para o POS 2010, así como a acta de 14/09/2009, onde se vota a inclusión do saneamento Lodairo-Seselle dentro do PEIM rural 2009-10 e a argumentación do noso voto favorable.
Por problemas técnicos, poñemos os enlaces aos tres documentos ao final deste mesmo artigo.