7 dic 2007

BARCIA DEBE DIMITIR

O Grupo Municipal de E.U.-I.U. no Concello de Mugardos denunciou ante a Fiscalía varias presuntas irregularidades no ámbito do urbanismo que adquiriron a dimensión que hoxe teñen e que todos coñecedes, moito maior que a denunciada por nós.

A primeira denuncia realizouse xunto cós grupos municipais de P.S.deG.-P.S.O.E. e con IpM, por posible vulneración do P.X.O.M. de Mugardos, no referente á súa normativa de casco antigo.

A segunda denuncia versa sobre a legalización dun edificio, a través dunha modificación puntual do P.X.O.M. de Mugardos.

A terceira, sobre un estudo de consolidación de solo de núcleo rural, que permitiu a segregación da parcela e unha urbanización. A Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, con data de 7 de Xuño, mandatou ó Concello de Mugardos para a súa revisión de oficio do estudo de consolidación e a anulación da licencia outorgada en base a ese estudo.

Polos datos obtidos a través dos medios de comunicación, a día de hoxe os cargos mantéñense para as catro persoas que foron detidas: tráfico de influencias e negociacións prohibidas a funcionarios, seguindo o secreto de sumario e á espera de novas chamadas a declarar de persoas diferentes ás mencionadas.

Agora ben, a responsabilidade política recae sen ningún xénero de dúbida no Alcalde do Concello de Mugardos, por ser éste o presidente da Comisión de Urbanismo e Alcalde na etapa en que sucederon as supostas irregularidades. Se houbese outro tipo de responsabilidade, a nós non nos compete decidir nin especular. O que sí nos compete, como formación política, é esixirlle que asuma as súas responsabilidades políticas e que, consecuentemente, dimita.

1 comentario:

Anónimo dijo...

La Voz de Galicia 16/12/2007
-O propio fiscal recoñeceu publicamente que o alcalde non ten ningunha participación na suposta trama que se investiga.
PERO LE IMPUTA PRESUNTOS DELITOS DE PREVARICACION EN SU GESTION
¡! Hay que decirlo todo señor Alcalde ¡!