7 abr 2013

Limpamos a fonte e o lavadoiro vello da Redonda



Onte (sábado 6 de Abril) estivemos retirando a maleza que cubría a fonte e o lavadoiro vello da Redonda. Era tal o abandono deste lugar que, a pesar de estar xunto á estrada da Redonda, no desvío a Montefaro, moitos veciños de Mugardos ignoraban a súa existencia ata que as máquinas dunha empresa madereira se toparon co lavadoiro, causándolle serios danos. Tras a limpeza que efectuamos, quedaron completamente á vista o lavadoiro, a canle que o conecta coa fonte e o pozo situado detrás desta. A fonte está rematada cunha cruz de pedra, que se encontraba solta pola acción dos arbustos que arraigaron nesta construcción. Temendo que, ao sacar á luz esta peza do noso patrimonio, puidésemos excitar a codicia dalgún desaprensivo, procedemos a retirala do lugar e a entregarlla á Policía Local. Agora, agardamos  que o goberno municipal reaccione, poñendo en valor este anaco da nosa historia e patrimonio: é preciso proceder á súa catalogación e a incluílo no inventario municipal, así como obrigar á empresa responsable dos destrozos a que repoña o lavadoiro.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Estimados concejales de Izquierda Unida, ¿Quien les dio a ustedes permiso para entrar en mi propiedad? Ese viejo lavadero de cantería granítica gallega lo hizo mi abuelo en paz descanse junto con mi padre, y su estado, a pesar de que vivamos en Madrid, es algo que no les concierne a ninguno de ustedes. Dejen de profanar tierras que no les corresponden y que están pendientes de reparticiones de herencias, que enterarse por vecinos de lo que están haciendo con las propiedades de mi familia es de lo peor que he visto en muchos años de vida.

Un saludo

AMBG Fuenlabrada

Anónimo dijo...

Non hai lugar á máis mínima dúbida de que formades un grande equipo. Vós si que podedes , porque demostrades que sodes capaces.

Anónimo dijo...

Cuando pasais a limpiar mi finca, con el agua no he podido cortar la hierba, avisad con unos dias para teneros unas cervezas y una pinchada.
No sabia yo que os dedicabais a limpiar fincas privadas.
Supongo que con la limpia que haceis de comentarios tampoco pondreis este, pero si es asi ya lo pondre donde si lo publiquen.

Anónimo dijo...

enhorabuena por la limpieza del lavadero yla fuente de la redomda, los propietarios os lo agradecen.
lo que no es logico es que se recoja una cruz de una propiedad privada y se entrege en el ayuntamiento.
esperondo que esto se denuncie y siga su curso( os dire que ya no estamos en una dictadura y me parece muy fuerte que se quiera presionar a los dueños, personas mayores,para ocultar todo.
se que no vais a plublicarlo ya que es una critica y eso no os gusta. pero lo pondre en todos los blok de los demas partidos

EU-IU dijo...

1. En resposta a AMBG Fuenlabrada: a propiedade a que vde. se refiere é un monte, non cercado. Con respecto ao lavadoiro, fonte e pozo, a propiedade privada conleva responsabilidades, especialmente cando se trata de patrimonio histórico: hai máis dun mes ese patrimonio sufriu unha agresión accidental por parte dunha empresa madereira, sen que os propietarios nin o Concello reaccionasen ata que EU saiu en defensa do patrimonio dos mugardeses. Se consulta vde. a Lei de Patrimonio, poderá comprobar que non xa un cargo público, senón calquera cidadán (aínda non sendo propietario) ten o dereito e o deber de velar polo patrimonio e actuar na súa defensa: o contrario é neglixencia. Para calquera outra aclaración, quedamos á súa disposición.

EU-IU dijo...

2. Con respecto ao comentario do derradeiro "Anónimo" e o seu errático concepto da propiedade privada, remitímolo á anterior aclaración. Un grupo de cidadáns, con sentido común e de acordo co que mandan as leis dun Estado de Dereito, actuaron pública e transparentemente poñendo en evidencia o abandono do patrimonio de todos e poñendo a salvo un peza dese patrimonio susceptible de ser sustraída por calquera, dado o lamentable estado en que se atopaba. Somos moi conscientes das obrigas que non impón o Estado de Dereito e o feito de non vivir baixo unha dictadura. De feito, fumos protagonistas na loita contra a dictadura.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo co fondo, coa boa intención e coa idea de que no desgoberno que estamos a sufrir en Mugardos a única saida é a acción da cidadanía. O patrimonio de Mugardos é "propiedade" de todolos mugardeses e temos a obriga de poñelo en valor. En canto as formas de proceder do grupo IU considero que foi errático, dando mostra unha vez máis que se actúa sen rigor e con falta de sentido común. As veces non é suficiente ter boa intención, fai falla tamén obrar en consecuencia. A derivación de todo o razonado anteriormente é:
- O pobo de novo crispado e enfrentado.
- Unha peza patrimonial con certo valor etnográfico feita anacos e maltratada.
- Uns herdeiros que se enteran que ademais de dereitos teñen unhas obrigas. Si Mugardos está en ruinas e gracias a todos eles que ademais viven lonxe da Vila e so se acordan de nos para sacar rentabilidade das suas propiedades.

Por todo esto volvo a pedir sentido común no proceder de veciños, políticos e "herdeiros"

Anónimo dijo...

Parece que sí, que cualquiera puede entrar en una propiedad privada, hacer y deshacer, extraer una pieza de lo allí encontrado y dársela al Concello (policia local) ¿¿¿para qué si no es municipal???

Lo cierto es que es dificil de entender que se entre en una propiedad supuestamente privada (lo dice el primer comentario), se corte maleza o lo que a uno le de la gana, se coja una elemento (cruz), se quite supuestamente sin permiso de los dueños (como en los Mercadonas) aludiendo a la conservacion del patrimonio, pero no se alude a la propiedad privada. Increible. Han metido ustedes bien la pata, y me atrevo a decir que ¡¡¡hasta el hombro!!! Y para mas inri una vez en el Ayuntamiento se rompe dicha pieza a conservar. Sin duda han hecho una labor irrepetible al patrimonio, quizas si la dejaran donde estaba aun estaría entera (al menos otros 50 años).

EU-IU dijo...

Dende logo que nos referimos á propiedade privada... e aos seus límites. Se lle parece delictivo que alguén acceda a un monte, debería denunciar aos cazadores e afeizoados á setas. Pode aproveitar para que un xuíz lle dea as explicacións que necesita. Con respecto ao resto do seu comentario, sería interesante ir desgranando punto por punto as inexactitudes e insinuacións que fai, pero non hai espazo. Un só exemplo: "se corte maleza o lo que a uno le de (sic) la gana". Pois non vemos o delito en cortar maleza. Si vemos o servizo que supón denunciar reiteradamente o abandono e deterioro do patrimonio.

EU-IU dijo...

Está no seu dereito a opinar o que desexe sobre a actuación de EU, pero non compartimos o seu comentario. Novamente reitaramos o convencemento de que a nosa actuación foi adecuada e intachable. Ao limpar a fonte, descubrimos a cruz solta e, responsablemente, decidimos non deixala exposta a un posible expolio. Recollémola con coidado, transportámola con mimo e depositámola a salvo (hai probas escritas e gráficas) no Concello, como era a nosa obriga, para, repetimos, evitar un posible expolio: ignora acaso que desapareceron recentemente pezas de granito bastante máis voluminosas en Mugardos, e non en montes libremente accesibles, senón en fincas e edificios pechados?

Anónimo dijo...

Parabéns por abrila porta do seu blog ós veciños, ogalla esto signifique o final da censura. Seica outros blogs tiñan maís público e hai que recuperar terreo perdido.

EU-IU dijo...

Temos toda a intención de seguir practicando a "censura" nos termos xa expresados en ocasións anteriores:
-non se publican insultos nin calumnias nin rumores.
-non se publican comentarios reiterativos nin desafogos verbais, especialmente cando carecen dunha mínima coherencia.

Anónimo dijo...

A cruz ali atopada parece ser que antes estaba ubicada na igresia da finca de Villalobos -segun recordan os veciños da Redonda. Ese manantial era usado polos veciños, enton, existe unha servidumbre de augas. Que os propietarios de esa finca estiveron recientemente en ela xa que foron denunciados por a Xunta, decir tamen, que o Alcalde non fixo nada a pesar de recibir infinidad de queixas que estaban relacionadas con o mantenimento da finca, en alguns casos, caida de pedras a o camiño que poñia en peligro o paso das persoas.