17 sept 2012

Saneamento no Esteiro, Rosalía de Castro e Peirao


A unanimidade da corporación municipal fai posible que se realicen con cargo ás obras da EDAR os  saneamentos do Esteiro, Rosalía de Castro e Peirao. A separación das pluviais das fecais e a posible solución ás inundacións no peirao seguen estando dentro dos nosos obxectivos.
Estes saneamentos non estaban incluídos no proxecto, pero a presión unánime fixo que se incluísen cando as obras están prácticamente a punto de rematar.
Quedan  por iniciarse os traballos do tanque de tormentas do peirao de Mugardos (a finais de setembro). A súa ubicación definitiva será no espacio que ocupa a actual (fronte á rotonda). Queda tamén a instalación  dalgún transformador e a construcción de casetas.
O Pleno de agosto aprobou o convenio de colaboración, coa abstención do PP, para a xestión compartida entre os Concellos de Mugardos, Ares e Fene das canalizacións e bombeos ata a depuradora.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que non debedes mentir o respecto do que publicades polo cal espero que rectifiquedes, vos fuchedes o unico grupo que votou en contra do convenio que permitia facer as obras do Esteiro, .. que comentades. Iso esta reflectido no pleno do dia 29-6-12. Agradeceria que o corrixirades.

Anónimo dijo...

Considero que a execución destas obras en circunstancias norrmales deberan ser incluídas dentro do proxecto das da EDAR e de non ser así , como parece que ocurreu , deberan de ser asumidas pola empresa adxudicataria dentro capítulo de imprevistos ou no de aumento de obra que adoita darse practicamente en todos os proxectos e máis aínda neste de tanta amplitude i envergadura económica .

Dito o anterior non hai que deixar de recoñecer o voso traballo de información e comunicación posto que fai posible , como neste caso , que como veciño poida transmitirvos a miña sorpresa e tamén preocupación ante o feito de que en principio e no que afecta á zona comprendida entre a rúa Rosalía de Castro e a praia de Bestarruza só se contempla a reposición da zona afectada pola tubería , desaproveitando unha boa ocasión para realizar a necesaria reposición total do pavimento do citado acceso por levar moito tempo xa deteriorado .

Eu descoñezo o motivo polo cal non se preveu esta última cuestión , pero como non se trata de buscar culpables se non solucións , me dirixo a vós agardando que esta suxestión chegue a bo porto.

Grazas .

EU-IU dijo...

Estimado/-a lector/-a: remitímolo á última entrada deste mesmo blog, con abundante documentación e a elegante ironía que nos caracteriza. Non deixe de seguirnos.

EU-IU dijo...

Creo que algúnha vez comentamos o deficiente debate que se produxo no momento de aprobar o anteproxecto das obras da EDAR. Que fora unha votación máis de intencións que dun estudo pormenorizado do proxecto por parte dos técnicos municipais, e como consecuencia dos grupos municipais.A unanimidade que se deu na aprobación do anteproxecto foi a confirmación do anhelo de remar a favor do saneamento da ría.
Dito esto, o anteproxecto sufreu modificacións (bombeo do porto do Seixo, bombeo do porto de Mugardos) e finalmente unha ampliación das obras contempladas en Mugardos (saneamento do Esteiro, Rosalía de Castro, peirao de Mugardos, separación de pluviais no tramo final da R/María e R/ Real ou o estudo dos problemas de inundacións no peirao de Mugardos para a súa posterior solución)con cargo ás modificacións de proxectos e baixa na adxudicación da obra con arreglo ó prezo de licitación.
É certo que ese tramo dende faí tempo esta en bastante mal estado, e que deberíamos intentar buscar a financiación posible para amañalo. Dende aquí nos comprometemos a traballar para o seu amaño, rebuscando a posibilidade que nos dan os plans externos ou a financiación propia do Concello. Era inviable acometer a totalidade da reposición ó igual que as conexións ó alcantarillado (Esteiro) por se executada conforme ás baixas referenciadas e executada pola empresa concesionaria das obras da EDAR.

Anónimo dijo...

Agradecendo antes de nada a vosa reciptibilidad e áxil resposta de compromiso e considerando tamén que como grupo político da oposición non tedes competencias de carácter executivo posto que é sabido que esta función osténtaa , aínda que cada vez máis en precario , o goberno municipal do BNG que , como no caso desta pequena obra que nos ocupa e preocupa , demostrou un vez máis a súa incapacidade pola falta previsión e coordinación que lamentablemente supuxo non saber aproveitar a oportunidade da realización de obras da EDAR na zona , para a realización da mellora da pavimentación e acondicionamento do viario que desde a rúa Rosalía de Castro conecta coa praia da Bestarruza , nas mellores condicións posibles para os intereses cidadáns . Outra mostra máis da ineficacia e ineficiencia dos nosos gobernantes locais.

Logo de perder en principio esta inmellorable oportunidade , non sei si cabe dicir aquilo de que haberá que esperar tempos mellores , pero en calquera caso non perdamos a esperanza .

Finalmente agradecer unha vez máis o voso compromiso que espero sexa asumido canto antes polo conxunto da Corporación Municipal .

Grazas .