10 may 2012

PARALIZACIÓN DAS OBRAS DE GAS GALICIA


Cansos de plantexar a situación que se viviu na rúa dos Casás (Areosa-Pedreira) e a que se esta a vivir no outro tramo da rúa dos Casás e na rúa Areosa hoxe, solicitamos por escrito a paralización das obras ata que repoñan os viais.
Ás once da maña había 280 mts. de zanxa aberta na rúa Areosa e 320 mts. en Os Casás, con zanxa pechada pero sen efectuar a reposición completa e dúas zanxas abertas (cruce coa Rúa Curros Enriquez e á altura do Cruce do Camiño da Rega). 
Ademáis, na rúa Areosa, a beirarrúa contraria á da zanxa está a ser usada como zona de acopio, igual que fixeron na rúa dos Casás.
“ As lonxitudes máximas de apertura de zanxa sen reposición total non deben ser superiores a 100 mts”, di o informe da técnico do Concello de 25 de febreiro de 2011.

2 comentarios:

EU-IU dijo...

Agora, sí están a facer as reposicións e a pechar as zanxas abertas dende faí semanas (Cruce de Casás e Curros Enriquez e amaño do alcantarillado frente ó camiño da Rega).Esperemos que completen as reposicións e quede a rúa a nivel, e non como esta agora. A rúa como se pode observar esta marcada nunha lonxitude superior á zanxa que tiñan aberta.
Parece que o goberno fixo cumplir o autorizado na licencia, tras o debate mantido na comisión de obras e o posterior escrito de EU, polo tanto so queda felicitalo e demandarlle que o seguimento debe ser escrupusolo nas obras.En concreto nesta obra, aínda quedan moitas rúas por abrir, así que esperamos que cada 100mts. fagan as reposicións e busquen zonas de acopio que non invadan as beirarrúas.Deberíamos intentar que na rúa Areosa non sigan a utilizar as beirarrúas de zona de acopio nin que os vehículos adscritos á obra impidan o paso pola beirarrúa ó estar aparcados encima das mesmas.

Anónimo dijo...

Caramba EU felicitando ó goberno do BNG (incrible) Parece un incipiente "noviazgo". Si e que xa o dí o refrán. "Canto máis reñidos, máis queridos".