13 ene 2009

EU-IU APOYA A SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTONICAS EN FRANCISCO VIZOSO E NA CASA DA CULTURA

Plan da deputación de eliminación de barreiras arquitectónicas:

EU-IU vota a favor das obras propostas: Francisco Vizoso e Casa da Cultura, aínda que a nosa prioridade sería a Casa da Cultura por diferentes razóns (número de usuarios, tipo de entidades e organizacións que realizan actividades, inaccesibilidade total a aseos e a primeira planta, etc). E porque a planta baixa, e en concreto os aseos de Francisco Vizoso teñen accesibilidade, outro tema diferente e que non se atopen no mellor estado posible.
É dicir, accsibilidade á planta baixa de Francisco Vizoso frente a inaccesibilidade total da planta primeira e ós aseos da Casa da Cultura.
Todo esto despois de deixar claro na Xunta de Voceiros/as que a nosa prioridade era o Xulgado, pero dado que hai posibilidades que a Conselleria da Presidencia dé unha resposta favorable á subvención solicitada e apoiada polo noso grupo, desistimos á espera da resposta da Conselleria.

No hay comentarios: