18 dic 2007

O Concello pretende persoarse como acusación particular contra a presunta trama urbanística.

Estas son as posturas defendidas polo noso Grupo Municipal nos puntos tratados durante o último Pleno:

Durante meses, e incluso anos, persoas honestas de Mugardos viñeron padecendo insultos, persecución, acoso, querelas criminais, intentos de despretixio, e un longo etcétera de circunstancias que salpicou ás súas familias, porque estas persoas honestas de Mugardos tiñan e teñen familia, traballadora e honrada que non se merecían vivir todo ese calvario durante tanto tempo.

A esas persoas, con nomes e apelidos, con familia, queremos adicar hoxe a nosa primeira homenaxe, non aparecen reflexadas nas actas das comisións nin nas actas dos plenos, a historia nunca recolle ás persoas correntes pero hoxe queremos que os seus nomes queden reflexados na acta: Iglesias, Consuelo, Marcelino,Mati, Alberto, Sonia, Yuyi,Ana,Doménech, Libertad, Pepe, Pacucha, e así poderíamos seguir ata un número importante.Polo tanto, que o seu nome non sexa olvidado,

Un segundo recoñecemento o queremos facer ás/ós nosas/os amigas/os que durante todo o proceso e a pesares dos intentos que se fixeron por parte de persoas de Mugardos, nos ensinaron a súa valía como persoas.

E por último, un agradecemento ás persoas que en silencio nos apoiaron en todo momento, facendonos ver que Mugardos conta cun bo número de persoas capaces de non sucumbir ós cantos de sirea das vanidades e a avaricia.

Sen imputación por parte da ficalía, sin cargos por tráfico de influencias, negociacións prohibidas a funcionarios ou prevariacación fumos condenados ó capitulo das rentabilidades políticas e das conspiracións xudeo-masónicas.

Sen xuizo fumos condenados como culpables de destrozar vidas, de destrozar un pobo, de desprestixiar a Mugardos.

Agora, as/os imputadas/os requiren a nosa participación na farsa do poder político e económico para que impliquemos á institución que representa a toda a poboación de Mugardos nunha personación xudicial.

Por Mugardos, debemos decir non, a institutición non pode nestes momentos, mentras o seu representante legal siga imputado, personarse en ningun proceso xudicial, non pode personarse mentras diferentes concelleiros sigan pendentes de ser chamados a comparecer, non pode resolver o que as organizacións políticas son incapaces e por último, no pode resolver a falla de responsabilidade política dos seus membros.

Mugardos non se merecía nin se merece esta suposta trama urbanística, Mugardos non se merece que ronde sobre a súa cidadanía o manto da posible corrupción, Mugardos merécese unha institución que dé resposta ós seus problemas dentro da legalidade.

Izquierda Unida sumará novamente, xa o fixo cando puxo a disposición da fiscalía a documentación de que dispoñía por si fora constitutiva de delito; a súa voz ás persoas honestas e honradas personándose como acusación particular para que se delimiten as responsabilidades a quen as teñen, para restituir o bó nome das familias e persoas que sofriron as descalifiacións durante tanto tempo, para que Mugardos recobre o orgullo de ser.


Supervisión dos expedentes de urbanismo:

Mugardos necesita un urbanismo transparente, claro e participativo. Isto significa que necesitamos revisar tódolos informes técnicos das obras que aparecen no sumario, pero tamén que necesitamos revisar o grado de execución das obras denunciadas por supostas irregularidades por non axustarse a licencia, ou por outras posibles irregularidades.

Aínda así somos conscientes de que Mugardos debe dar un paso máis e delegar as funcións de inspección urbanística na Xunta de Galicia, polo menos durante un tempo.


Creación da praza de arquitecta/o:

Durante anos Izquierda Unida veu reclamando a creación dun plaza de arquitecta/o para rachar cos encadenamentos que se producían de técnicos/as en prestación de servicios.

Agora, e a raíz da suposta trama urbanística aparece a proposta a debate. A nosa posición vai ser favorable a que se cré unha plaza a xornada completa, polo método de oposición libre.

De igual forma, defenderemos que a persoa que forme parte da plantilla de traballadoras/es do Concello, non dispoña da compatibilidade para exercer a súa profesión fora do termo municipal.

Unha experiencia debería servirnos de ensinanza.

Pero isto non vaí a dar saída ó problema existente a día de hoxe no departamento de urbanismo, e consideramos que as/os veciñas/os non poden pagar os pratos rotos da suposta trama, vendo como os seus expedientes siguen durmindo no limbo dos xustos.


Comisión de investigación:

Dicía A. Machado que “una de las dos Españas ha de helarte el corazón”, para referirse á alternancia de poder entre os liberais e os conservadores, dado que ambos siñificaban o mesmo.

Agora, en Mugardos, a cidadanía ten o corazón xeado ó ver como os imputados e os que teñen que comparecer diante do xuíz poden constituirse en comisión de investigación no Concello.

Únicamente se pode dar un despropósito maior, se a comisión de investigación se completa con funcionarios e asesores externos que estean en liberdade provisional con cargos.

A xustiza está en marcha, investigando a suposta trama, os imputados terán dereito á súa defensa e o xuíz, en función das leis das que nos dotamos e das probas recabadas, deberá ditar sentencia e aclarar a suposta trama.

As responsabilidades políticas deberán ser asumidas polas organizacións e polas persoas individuais.

Nos imos votar non á creación desta comisión porque como Machado non queremos que se nos xee o corazón.

1 comentario:

Anónimo dijo...

El Juzgado de Primera Instancia Número Cuatro de Ferrol ha acordado por auto de 19 de junio la nulidad de todas las actuaciones practicadas a partir del auto de 15 de junio de 2007, es decir, desde el momento mismo de la incoación de las diligencias judiciales de la llamada “Operación VIRGIN”, operación policial con la que se estrenó la nueva unidad especializada en delitos urbanísticos y que saltó a la opinión pública en el mes de diciembre de 2007 con la detención de la aparejadora municipal de Mugardos, uno de los Policías Locales de la localidad y los hermanos Pedro y Xulia Cortizas, administradores de la sociedad XCALE SL con la que se contrataron distintos proyectos urbanísticos desde el consistorio.

Indica la resolución del juez instructor, tras achacar a la querella presentada por el Ministerio Fiscal de falta “de claridad y precisión […] todo ello, como señala la defensa de Ovidio Torrente expuesto de manera caótica, inarticulada y sin el más apoyo fáctico” que la decisión judicial de autorizar las escuchas telefónicas -que se trata de una afectación al derecho fundamental al secreto de las comunicaciones (art. 18.3 de la Constitución Española)- que el auto de 15 de junio de 2007 por el que se admite a trámite la querella es “nulo en la medida en que restringe de forma desproporcionada, no motivada e innecesaria el derecho fundamental de los imputados en las presentes diligencias” –se refiere a Pedro Cortizas, Julia Cortizas y Carmen Piñeiro, inicialmente querellados, posteriormente se amplió la investigación al Alcalde de Mugardos y a otros funcionarios y constructores-. La nulidad se acuerda en aplicación de la doctrina conocida como “frutos del árbol envenado” que determina la nulidad de todas las actuaciones que tienen su fundamento en la resolución originaria declarada nula.

En la práctica, la nulidad acordada supone iniciar desde el principio la investigación de los hechos denunciados por el Ministerio Fiscal, sin que se puedan utilizar las averiguaciones obtenidas en las escuchas que se declaran ilegales, como tampoco los documentos obtenidos en los registros policiales efectuados en la Inmobiliaria XESVEN, el estudio de arquitectura XCALE o el domicilio de la aparejadora municipal, siendo igualmente nulas las detenciones acordadas en diciembre de 2007.

Por los imputados afectados se ha manifestado su inmensa alegría por una resolución justa que reconoce el atropello sufrido y se lamentan de los daños irreparables sufridos por la publicidad dada a unas actuaciones policiales que se han demostrado ilegales, insistiendo en que tras dos años de operación “Virgin” no se ha demostrado ninguna irregularidad cometida, como implícitamente reconoce el juzgado en su reproche al Fiscal.